Fonte: 22/11/2012 El Progreso
O pleno de Becerreá deu o visto bo onte o orzamento para 2013, que se mantén con respecto ao ano pasado e garante a continuidade dos servizos sociais.
Os socialistas aprobaron en solitario unhas contas que contemplan unha previsión de ingresos de 1.804.000 millóns de euros e uns gastos de 1.760.000. Este desfasamento entre ingresos e gastos, a favor do Concello, débese a que a lei de estabilidade orzamentaria obriga aos concellos a controlar os investimentos e só permite gastar un 1,7% máis que en exercicios anteriores.
Fonte: 22/11/2012 - El Progreso
O concello de Becerreá contará en breve cun parque ambiental con dotación deportiva e de lecer. Esta infraestrutura será financiada pola Deputación Provincial e a Unión Europea.
Convócase o XXI Certame Literario “A PIPA” 2012 da Alta Montaña Luguesa que terá a súa entrega de premios na Casa de Cultura de Becerreá o xoves 27 de decembro de 2012, ás 21 h. no marco da XXI NOITE POÉTICA "A PIPA" 2012 CON XESÚS BERMÚDEZ TELLADO.
Sigue lendo para ver as bases...
Fonte: 07/11/2012 - El Progreso
O Concello de Becerreá solicitará á Xunta unha axuda de 19.587 euros para a limpeza e restauración de camiños dentro da Red Natura, concretamente vías municipais no ámbito do LIC Cruzul-Agüeira.
Esta solicitude foi aprobada na última reunión da xunta de goberno local e será remitida de inmediato á Xunta. A petición encádrase na liña de axudas aberta pola Administración galega para arrombar os espazos protexidos.
A feira de gando de Becerreá viviu onte o seu mellor día do último cuadrimestre, tanto por concorrencia de gando como por volume de transaccións.
Vendéronse uns 120 tenreiros, case todos os que entraron no mercado. En total, puxéronse en venda 150 reses de gando bovino, incluídos os becerros e as vacas.
Como oferta excepcional, a feira de Becerreá contou onte coa presenza dunha parella de bueyes, algo cada vez máis inusual no mercado gandeiro porque a mecanización do traballo agrícola está a marcar a súa desaparición das explotacións.