Confraría da Ferradura

Confraría da Ferradura

Vilan de Honra 2012 de Becerreá


A Cofradía da Ferradura de Becerreá celebrou a XXIV edición da sua xuntanza anual, onde os cofrades o carón dunha mesa degustaron o tradicional cocido cos productos típicos da Comarca de Ancares: butelo, cachucha, chourizos acompañados de grelos, navizas e cachelos.

Novas: 

Maribel Belón e Becerrea.net nombrados "Viláns de honra 2011" pola Confraría da Ferradura.


Na vixesimo terceira xuntanza da Confraría da Ferradura celebrada o pasado 30 de decembro foron homenaxeados como Viláns de Honra 2011 Mariben Belón, pintora de Guilfrei que despois de moitos anos de labor pictório amosou a súa obra nunha exposición este pasado ano e Becerrea.net pola labor de comunicación na rede realizada dende o ano 2006. O acto estivo acompañado por una boa mesa de productos típicos da comarca e amenizado polas cálidas voces dos cofrades.

Desde Becerrea.net queremos agradecer profundamente a distinción, dándolle as gracias os cofrades e transmitindo que a maior parte do mérito téñena os usuarios que visitan a páxina e colaboran no foro. Gracias a todos. Así mismo reflexar que é unha honra compartir o premio com Maribel que nos fixo disfrutar a todos contemprando os seus cadros, exposición que esperamos se poida repetir moitas veces e con moitas máis obras.

Novas: 

Suscribirse a RSS - Confraría da Ferradura