Os becerrenses terán un novo parque con equipamento deportivo

Novas: 

Fonte: 22/11/2012 - El Progreso
O concello de Becerreá contará en breve cun parque ambiental con dotación deportiva e de lecer. Esta infraestrutura será financiada pola Deputación Provincial e a Unión Europea.

A xunta de goberno da Deputación Provincial de Lugo aprobará hoxe este investimento, que ascende a 57.000 euros. Deles, o organismo provincial achegará 11.500 e os 45.500 restantes, é dicir, o 80 por cento do orzamento, procederá de fondos da UE. Trátase de partidas encadradas no programa europeo LugO2, destinado a actuacións para potenciar o desenvolvemento de iniciativas respectuosas co medio ambiente e que á vez aumenten o benestar social.