A Xunta autoriza a limpeza da contorna da ponte de Cruzul

Novas: 

Fuente: El Progreso 20/10/2012

O Concello de Becerreá recibiu autorización da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para acondicionar a contorna e os accesos á ponte de Cruzul, o único exemplo de enxeñería civil do período Neoclásico na provincia de Lugo.

O alcalde de Becerreá, o socialista Manuel Martínez, confirmou que finalmente se poderá eliminar a maleza que rodea esta construción, despois de que a mesma consellería impuxese o ano pasado unha sanción de 800 euros ao Concello por cortar sen permiso algunhas árbores que dificultaban a visión da ponte.