Torrados Racing no Rallye de Noia e Subida Almofrey-Tenorio

Novas: 

Logo de competir na segunda edición do Rali Comarca da Ulloa e de acadar un bo resultado neste rali , o equipo Torrados Racing participará este fin de semana no Rali de Noia, rali no que estrenaran a tempada pasada o seu Peugeot 206.

Ademais o copiloto de Miguel Vilares, Xose Manuel Sobrado debutará despois de participar no Rali de Noia coma piloto oficial do equipo pontevedrense Grupo Sofía Competición na XVI Subida Almofrey-Tenorio a bordo dunha potente barqueta propiedade do citado equipo.