O grupo CEDEÚVE TEATRO VILALBA representará a obra 6X4...DÚAS DUCIAS o vindeiro 26 DE SETEMBRO DE 2009 as 20:00 HORAS na CASA DA CULTURA DO CONCELLO DE BECERREÁ.
Esta peza de teatro da autoría de María Xosé Lamas, pretende, en clave de humor, contar a situación de cinco mulleres adultas - catro delas inmigrantes que coinciden traballando no restaurante dunha cidade galega e unha rapaza, sobriña dunha delas. Seis persoas que, ao longo de catro actos, van relatando as súas situacións persoais, aproveitando para reflexionar sobre os problemas máis salientables da sociedade actual |
Novas