Skip to main content
Home
Becerrea.net

  • Datos de Interés
  • Historia e Natureza
  • Curiosidades
  • Enlaces

  • Prensa
  • Opinion
  • Festas
  • Feiras
  • Deportes
    • S.D. Becerreá
    • C.B. Becerreá
    • Fútbol Veterano
    • Fútbol Sala
    • Motor
    • C.Cliclista Pena do Pico
    • Deporte Escolar
    • 3 x 3
    • Ximnasia Rítmica
  • Cultura
    • Confraría da Ferradura
User account menu
  • Log in

Breadcrumb

  1. Home

Publicado el proyecto del parque eólico de Becerreá, al que se destinan 55 millones

Publicado el proyecto del parque eólico de Becerreá, al que se destinan 55 millones

Novas
Prensa

Fonte: El Progreso (30/08/2012)
A Consellería de Economía e Industria publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se somete a información pública o proxecto de execución das instalacións do parque eólico de Chao do Marco, no municipio lucense de Becerreá, cun investimento previsto de 55.814.000 euros.

Así mesmo, sométese a información pública o estudo de impacto ambiental do citado parque eólico, así como o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, segundo a resolución publicada no DOG.

O parque eólico, promovido pola empresa Enel Green Power España, disporá de dezaseis aeroxeradores fabricados pola multinacional Vestas, con 3.000 kW de potencia nominal, e outros tantos centros de transformación, para alcanzar unha produción anual estimada de 132.920 mWh/ano.

O proxecto de execución do parque tamén contempla o despregamento de liñas subterráneas de evacuación e a construción dos viarios de acceso, dunha subestación transformadora, dun edificio de control e de dúas torres meteorolóxicas para medición de datos.

En declaracións a EFE, o alcalde de Becerreá, o socialista Manuel Martínez, afirmou que "o plan eólico do bipartito contemplaba un investimento moito maior" no seu municipio, pero tamén aclarou que o orzamento previsto para a execución deste parque é "toda unha satisfacción", porque xerará recursos para o Concello e postos de traballo. Nese sentido, afirmou que o Concello de Becerreá xa lle expresou á empresa "todo o seu apoio" para que "este proxecto salga adiante".

Blog da SD Becerreá

Becerrea.net

www.becerrea.net