O avó de Becerreá, Ricardo Fernández Rodríguez, cumpriu 105 anos

Novas: 

Fuente:11/05/2013 - Pilar Cheda / El Progreso (Becerreá)
Ricardo Fernández Rodríguez, o veciño máis lonxevo de Becerreá, cumpriu o pasado día 7 de maio 105 anos. Celebrouno cunha festa para familiares e amigos na súa casa de Cantiz.

Aos seus 105 anos, Ricardo Fernández recorda con claridade as súas vivencias de mocidade -as súas andanzas no servizo militar, o seu noivado ou moitas outras anécdotas- e goza conversando sobre elas con quen queira escoitarlle e aprender da sabedoría que lle deu o paso do tempo.