As Candelas.
O día 2 de Febreiro como cada ano celebrase a festa das Candelas.
A festa é unha das máis primitivas que celebra a Igrexa, estableceuse no día 2 de Febreiro dende o ano 542 co emperador Xustiniano. Celebrábanse os 40 días dende o nacemento de Xesús. Os gregos denominárona Hypapante, que quere dicir “Encontro”, porque é o encontro que tiveron o ancián Simeón e a profetisa Ana no templo co neno Xesús, cando os seus pais o levaban a presentar.