C.B. Becerreá 57 - C.B. Val de Lemos 59
![]() |
O C.B. Becerreá rematou a primeria volta da liga cunha nova derrota, pero xogando un bo encontro ante o Val de Lemos. O encontro foi moi igualado e so se decantou a favor dos monfortinos nos últimos segundos, cando conseguiron unha triple dende oito metros facendo imposible a defensa local. Ainda así os becerrenses puideron gañar, pero o xogador nº 9, primeiro fallando unha entrada a canasta e despois dous tiros libres a dous segundos do final non aproveitou esa derradeira oportunidade. Empeza agora a segunda volta na que o equipo terá que mellorar a súa imaxe e esperar unha carambola para eludir o descenso. |