PRIMEIRA EDICCION DO CONCURSO FOTOGRÁFICO "TERRAS DE BECERREÁ"
O concurso fotográfico "Terras de Becerreá", nace cunha clara idea de continuidade.Ten coma obxectivo captar instantáneas pouco coñecidas do noso concello, ben sexa paisaxes naturais,ben aldeas, monumentos, etc. Esto responde a unha idea de dar a coñecer, atraves destas fotos, outros aspectos da nosa terra, que poden supor un reclamo turístico importante nun futuro. Estas fotografías recolleríanse nun álbum fotográfico que farían dun grande complemento das actuais guias publicitarias.