Cultura

Xa está nas librarías o último libro de Afonso Becerra: DRAMATÍCULAS

DRAMATÍCULAS de Afonso Becerra de Becerreá. Prólogo de María do Cebreiro.
Edicións Laiovento. A Coruña, 2010. (ISBN: 978-84-8487-199-6)
A medio camiño entre un libro de contos e un de poemas sitúanse estas partículas. Algunhas dramáticas, outras posdramáticas. Nas primeiras encétanse fíos narrativos que se desenvolven pendurados da acción verbal, nas segundas ábrense fendas nas que a acción foxe do relato para ser son, movemento e xesto puros.

Novas: 

XIX Certame Literario “A PIPA” 2010 da Alta Montaña

CONVOCÁMOSVOS a participar con POEMAS (máximo 50 versos) e/ou RELATOS (máximo 5 folios por unha soa cara a dobre espazo).
A data límite de presentación remata o martes 23 de decembro de 2010.
Os escritos debedes envialos anónimos, sinalando a CATEGORÍA na que participades (INFANTIL: de 8 a 14 anos. XUVENIL: DE 14 A 18 anos. ADULTO: máis de 18 anos) e a MODALIDADE (POESÍA e/ou RELATO), acompañados dun sobre pechado dentro do cal vaian os datos da/o autor/a (nome e apelidos, currículum, enderezo e teléfono).
Isto debedes envialo ou entregalo en:

CERTAME LITERARIO A PIPA
Rúa Ancares, 57.
27640 BECERREÁ (LUGO)
(Podedes consultar as bases xerais en: Bases)

Novas: 

Talleres activos na rúa.

Lugar: Fonte dos Caños (parada de Taxis)-Becerreá
Datas: 3, 19 e 21 de agosto
Horarios de taller: Maña de 12 a 1´30h. Tarde: de 17 a 19h

Talla en pedra e xoiería
Impartido por: André López Gómez(Navia de Suarna, Lugo)
As persoas que o desexen poderán iniciarse no arte da talla en pedra con este artesán.

Utensilios de uso cotiá en madeira.
Impartido por: Innacio Gómez Abrao (Becerreá,Lugo)
Partindo da madeira como materia prima levarase a cabo a elaboración de pezas con distintas posibilidades que abarcan dende o torno á carpintería tradicional.

Cestería con materiais reciclados
Impartido por: Lola Tourón Río (Carqueixeda,Samos)
Elaboraranse pezas de cestería con técnicas tradicionais e materiais de refugallo.

Novas: 

Exposición 'Elas sempre están'

Na Casa da Cultura do Concello de Becerreá desde o día 2 ao día 16 de xullo de 2010
Homenaxe á muller rural
A exposición, é unha homenaxe á muller rural. Conta con 15 fotografías da artista italiana Elisa Gianni e cun poema da galega Lucía Aldao.

Novas: 

Páginas

Suscribirse a RSS - Cultura