Sabor a mar por un día en Becerreá

Fonte: 08/12/2012 - F.G. / El Progreso (Lugo)
Un ano máis, e xa van cinco, a vila de Becerreá acolleu a numerosas persoas, locais e foráneas, atraídas pola celebración dunha festa gastronómica na que se exalta un produto mariño, como son os mexillóns.

Novas: 

Becerreá salva a crise e mantén o seu orzamento e o gasto en servizos

Fonte: 22/11/2012 El Progreso
O pleno de Becerreá deu o visto bo onte o orzamento para 2013, que se mantén con respecto ao ano pasado e garante a continuidade dos servizos sociais.

Os socialistas aprobaron en solitario unhas contas que contemplan unha previsión de ingresos de 1.804.000 millóns de euros e uns gastos de 1.760.000. Este desfasamento entre ingresos e gastos, a favor do Concello, débese a que a lei de estabilidade orzamentaria obriga aos concellos a controlar os investimentos e só permite gastar un 1,7% máis que en exercicios anteriores.

Novas: 

Becerreá pide á Xunta 20.000 euros para limpar vías na Rede Natura

Fonte: 07/11/2012 - El Progreso
O Concello de Becerreá solicitará á Xunta unha axuda de 19.587 euros para a limpeza e restauración de camiños dentro da Red Natura, concretamente vías municipais no ámbito do LIC Cruzul-Agüeira.

Esta solicitude foi aprobada na última reunión da xunta de goberno local e será remitida de inmediato á Xunta. A petición encádrase na liña de axudas aberta pola Administración galega para arrombar os espazos protexidos.

Novas: 

Páginas

Suscribirse a Becerreá.net RSS