Fonte: 25/03/2014 - elprogreso.es (Lugo)
A Consellería de Traballo e Benestar indicou a través dun comunicado que a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) con respecto ao servizo de axuda no fogar de Becerreá di que hai que "aplicar estritamente o establecido nas bases da convocatoria".
Iso non significa, sinala nunha nota, que haxa que incrementar a contía da subvención concedida ao concello lucense pola prestación do Servizo de Axuda non Fogar Básico (SAF).