Apretada victoria do CB Becerrea na visita dos lucenses Basket. O partido comenzou mal para os locales que encaixaron un parcial de 0-12 nos primeiros minutos, pero nuns bos segundo e terceiro cuarto conseguiron remontar e incluso coller unha ventaxa de 10 puntos o comenzar o derradeiro cuarto. Neste último periodo os visitantes aumentaron a intensidade defensiva e conseguiron achegarse no marcador poñendo en apuros o triunfo local tendo incluso un tiro libre para forzar a prorroga. O C.B. Becerreá conserva así intactas as súas opcións de ascenso ainda que ten moitos partidos por disputar debido os aplazamentos. Este fin de semana doblara xogando o sábado na casa contra Chantada e o domingo en Lugo contra o lider Cidade de Lugo. |
Novas