AFONSO BECERRA DE BECERREÁ (Becerreá, Lugo, 1973)
Actualmente é o xefe do Departamento de Dramaturxia da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
Máster en Artes Escénicas (2003) pola Univertsitat Autónoma de Barcelona e o Institut del Teatre de Barcelona. Licenciado en Arte Dramática, na especialidade de Dirección Escénica e Dramaturxia (2000) pola Escola Superior d'Art Dramátic do Institut del Teatre de Barcelona, e na especialidade de Interpretación polo Instituto del Teatro y de las Artes Escénicas do Principado de Asturias (1996). Tamén participa na International School of Theatre Anthropology (2004) que dirixe Eugenio Barba. E cursa estudos de música durante sete anos nos Conservatorios de Lugo e Xixón (Asturias).
A súa actividade profesional nos eidos da Dirección Escénica, Dramaturxia e Interpretación desenvólvese no Teatro Jovellanos de Gijón, Campoamor de Oviedo, Palacio Valdés de Avilés ("La doma de la furia" 1996), Teatre Nacional de Catalunya ("La barca nova" 1999; "Cavallitus" 2001), Nove - Dous Teatro de Ourense ("Rexurdimento" 2000), Teatre Malic de Barcelona ("Macbeth" 2002), Teatre Lliure de Barcelona ("Assaig Obert" 2003, "Pomo" 2004).
Dirixe desde 1988 a Asociación Cultural A PIPA de Becerreá, que promove as Noites Poéticas, polas que pasaron: Uxío Novoneyra (1996), Manuel María (1997), Helena Villar Janeiro (1998), María Xosé Queizán (1998), María do Carme Kruckenberg (1999 e 2000), Chus Pato (2000), Marica Campo (2001), Xesús Rábade Paredes (2002), María do Cebreiro (2002), Cristal Méndez Queizán (2003), Bernardino Graña (2004), Darío Xohán Cabana (2005).
No eido da pedagoxía exerceu a docencia na Escola d'Expressió Carme Aymerich de l'Ajuntament de Barcelona (curso 2001), na Escola d'Adults da Generalitat de Catalunya (cursos 1997 ao 2000), no Centre Cívic Torre Llobeta do Ajuntament de Barcelona (curso 2000 - 2001) e no Colexio Salesián "Sant Doménec Savio" de Terrassa.
Recibe o Premio Álvaro Cunqueiro de Teatro 2001 da Xunta de Galicia. E o Premio de Poesía
Francisco Fernández del Riego para novos autores da Consellería de Familia (edicións de 1994, 1996 e 1998).
Recibe da Fundación Caixa Galicia unha beca de Excelencia Académica para facer estudos de Posgrao (2002), e unha Axuda Económica para a realización de estudos de doutoramento en Artes Escénicas da Deputación Provincial de Lugo (2004).
A parte de múltiples artigos en diferentes xornais e revistas, publica as obras seguintes: -Rexurdimento. Visións dun cero (farsa aldeá) (2006), Revista Galega de Teatro, 46.
-O ritmo na damaturxia. Teoría e práctica da análise rítmica (2005), A Coruña, Biblioteca Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor da Universidade da Coruña.
-Agnus Patris (2002), Vigo, Edicións Xerais.
-Actualmente está a preparar o libro Dramaturxia. Teoría e práctica para a Ed. Galaxia.
Fonte: Asociación de Escritores en Lingua Galega www.aelg.org/