Monforte, Becerreá e Foz, á final de Parlamento Xove

Novas: 

Fonte: 04/03/2013 - L.A.R. / El Progreso (Lugo)
Os equipos de estudantes de Bacharelato dos institutos de ensino secundario de Becerreá. Foz e A Pinguela de Monforte clasificáronse para a fase final do concurso Parlamento Xove, convocado pola Xunta de Galicia e que ten como finalidade fomentar entre a mocidade o diálogo como ferramenta para argumentar razoablemente ideas propias.

Na proba semifinal celebrada este fin de semana na Deputación Provincial da Coruña, o centro de Becerreá conseguiu o primeiro posto ao gañar os tres debates aos que se tiña que enfrontar e conseguir 98.75 puntos. En segunda posición quedou o centro de Foz, co mesmo número de debate gañados e unha puntuación de 97.25.