Skip to main content
Home
Becerrea.net

  • Datos de Interés
  • Historia e Natureza
  • Curiosidades
  • Enlaces

  • Prensa
  • Opinion
  • Festas
  • Feiras
  • Deportes
    • S.D. Becerreá
    • C.B. Becerreá
    • Fútbol Veterano
    • Fútbol Sala
    • Motor
    • C.Cliclista Pena do Pico
    • Deporte Escolar
    • 3 x 3
    • Ximnasia Rítmica
  • Cultura
    • Confraría da Ferradura
User account menu
  • Log in

Breadcrumb

  1. Home

Investigan unha rede policial de narcotráfico con vinculacións na construción

Investigan unha rede policial de narcotráfico con vinculacións na construción

Novas
Prensa

Fonte: "El Ideal Gallego"
Un total de nove axentes da orde pública, entre policías, guardias civís e mossos d esquadra, poderían estar implicados nunha rede de narcotráfico en Barcelona, que chegaría até Lugo, onde os presuntos traficantes estarían relacionados coa construción de 200 pisos nun pobo cercano á capital.

AXENCIAS SANTIAGO
A investigación policial, dirixida polo fiscal xefe de Cataluña, José María Mena, iniciouse a principios de 2005 tras a desaparición , o 24 de xaneiro de 2005, de 500 quilos de cocaína dun colector con 1.017 quilos desta substancia que estaba baixo vixilancia policial no porto de Barcelona a petición do departamento de narcóticos de EEUU.

A Área de Delincuencia Organizada da Guardia Civil mantén que se produciu un enriquecmento inxustificado por parte dos axentes implicados , a un dos cales lle descubrion contas bancarias en Andorra.

Por outro lado, axentes da Guardia Civil de Lugo e de Lalín investigan unha operación bancaria de lavado de diñeiro, sen que trascendese a cantidade, aínda que algunhas fontes falan de cerca de dez millóns de euros.

Aínda que se desoñece o número de implicados, unha persoa foi detida cando tentou retirar dunha sucursal do BBVA en Becerreá unha cantidade de 400.000 euros, que levantou as sospeitas xa que o arrestado carecía de recursos económicos.

Neste asunto, dáse a circunstancia de que parte do diñeiro procedía de dúas contas bancarias localizadas en Lalín.

Blog da SD Becerreá

Becerrea.net

www.becerrea.net