Skip to main content
Home
Becerrea.net

  • Datos de Interés
  • Historia e Natureza
  • Curiosidades
  • Enlaces

  • Prensa
  • Opinion
  • Festas
  • Feiras
  • Deportes
    • S.D. Becerreá
    • C.B. Becerreá
    • Fútbol Veterano
    • Fútbol Sala
    • Motor
    • C.Cliclista Pena do Pico
    • Deporte Escolar
    • 3 x 3
    • Ximnasia Rítmica
  • Cultura
    • Confraría da Ferradura
User account menu
  • Log in

Breadcrumb

  1. Home

O poeta Xesús Bermúdez Tellado pregoará as festas do San Xoán de Becerreá

O poeta Xesús Bermúdez Tellado pregoará as festas do San Xoán de Becerreá

By web , 23 June, 2023

As Candelas e o Concello organizan a cita, que terá tamén foliada e concurso de tortillas e doces

Fonte: Silvia Iglesia EL PROGRESO 22/06/23

Becerreá celebra esta fin de semana as festas do San Xoán, que arrancan xa mañá co pregón a cargo do lingüista e poeta Xesús Bermúdez Tellado, que aínda que naceu en Betanzos e reside entre Ames e Pol, pasou boa parte da súa infancia e xuventude no municipio ancarés. Serán esas as vivencias que rememore na súa intervención, que comezará tras o chupinazo, ás 21.30 horas.

"Pensamos nel porque viviu aquí moitos anos, sempre implicado en todo canto se facía, así que queriamos facerlle algo a modo de pequena homenaxe", explica Marga Rodríguez, presidenta da asociación As Candelas, colectivo formado por outras sete mulleres –"aquí todas somos iguais", recalca Rodríguez– que organiza o San Xoán co Concello becerrense.

A administración local é a encargada da meirande aportación económica, mentres que a agrupación se encarga de configurar o programa, un cartaz que terá como actos centrais desta primeira xornada o acendido da fogueira ás 22.00 horas, a sardiñada popular, amenizada polos grupo de gaitas Éche o que Hai e Son de Cores, e a verbena, a partir da medianoite, coa discoteca móbil Mega CDC.

O sábado haberá misa e procesión ás 13.00 horas e a actuación da banda de música de Sober no adro da igrexa. Xa pola tarde, e como novidade, será a foliada, na que tocarán a partir das 19.00 horas Os Xardois, Son de Cores, Abrente e Toxo Queimado. Darán pé á verbena, ás 23.30 horas, a cargo da orquestra Furia Joven.

Xa o domingo, durante boa parte da tarde, os nenos desfrutarán de atraccións e chocolatada, mentres que os maiores poderán participar no concurso de tortillas e doces caseiros. "No ano 2000 organizárano os nosos maridos, tivera moito éxito, por iso quixemos recuperalo o pasado ano e volvelo facer este", apunta Marga, que indica que está aberto a todo o mundo. E para finalizar, será o dúo Estrellas quen porá o broche de ouro a partir das 23.30 horas.

Tags

  • Festa
  • San Xoan
  • pregón
Novas
Prensa

Blog da SD Becerreá

Becerrea.net

www.becerrea.net