II Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo

Novas: 

O sábado 30 de maio tivo lugar a denominada "etapa raíña da Volta ás Comarcas de Lugo".Con saída (ás 13:30) en Lugo e cun percorrido duns 30 km pola comarca, voltouse á cidade das murallas para comezar un periplo polas localidades de Nadela, O Corgo, Baralla, Becerreá (Campo de Árbol) e Cervantes (Líber, Ponte de Gatín e Doiras). Á súa chegada ao albergue dos Ancares (Campa da Braña), os ciclistas percorreron máis de 142 km.