Skip to main content
Home
Becerrea.net

  • Datos de Interés
  • Historia e Natureza
  • Curiosidades
  • Enlaces

  • Prensa
  • Opinion
  • Festas
  • Feiras
  • Deportes
    • S.D. Becerreá
    • C.B. Becerreá
    • Fútbol Veterano
    • Fútbol Sala
    • Motor
    • C.Cliclista Pena do Pico
    • Deporte Escolar
    • 3 x 3
    • Ximnasia Rítmica
  • Cultura
    • Confraría da Ferradura
User account menu
  • Log in

Breadcrumb

  1. Home

Ferradura. Viláns de Honrra

Ferradura. Viláns de Honrra

A Confraría da Ferradura elixe cada ano un VILÁN DE HONRA, tal e como establece o artigo VII do seu regulamento.

a. Será nomeado polo Presidente a proposta do Escriba ou Chamán e co consentimento dos Confrades Maiores.
b. Pode ser candidato calquera cidadán ou entidade que teña feito algo salientable a prol da nosa Vila e das nosas xentes.
c. A eleición farase por sufraxio democrático, e tralo escrutinio das papeletas depositadas por tódolos membros da Confraría.
d. O Vilán de Honra electo pasará a formar parte da Confraría da Ferradura.
e. O Toisón será transferido polo Vilán saínte ó Vilán entrante; a petición do Presidente e perante toda a Confraría.

As entidades-persoas homenaxeadas ó longo destes catorce anos foron:

2002
O avó do concello de becerreá:
Manuel díaz fernández

2001
O utillero do equipo de fútbol de Becerreá:
Marcial Méndez Trabado

2000
O artesán-albardeiro:
Manuel Rodríguez Valiño

1999
O artesán-maquetista:
Edelmiro Castro Teijeiro

1998
A judoka:
Iria García Fernández

1997
Asociación de Empresarios de Becerreá

1996
Grupo de Gaitas
“Os Anxoliños” de Becerreá

1995
A pintora -paisaxista
Maruja Roca

1994
Revista “ A Pipa” – Becerreá

1993
Asociación Cultural Arela de Becerreá

1992
O Pelegrín: símbolo do Xacobeo 93

1991
Zoilo Pardo García

1990
Samuel García Fernández

1989
Rafael Ramos Fernández

Os motivos da concesión de cadanseu galardón, segundo consta no Libro de Actas, foron os seguintes:

2002
D. Manuel Díaz Fernández
1. No ano do seu 100 cumpreanos, por toda unha vida de testemuña e traballo. Por ser o “avó do Concello de Becerreá”.

2001
D. Marcial Méndez Trabado
1. Polos seus 29 anos de adicación ao fútbol de Becerreá e á súa historia, en calidade de “utillero” e encargado de instalacións.

2000
D. Manuel Rodríguez Valiño
1. Por toda unha vida (70 anos) de adicación plena á artesanía do coiro e pel.
2. Por tódolos recoñecementos e premios conqueridos polo artesán-albardeiro local.

1999
D. Edelmiro Castro Teijeiro
1. Coma homenaxe póstuma á persoa e á obra do coñecido artesán-maquetista de Becerreá.

1998
Iria García Fernández
1. Por conquerir o Campionato de España de Judo SUB-15 na edición de 1998.
2. Por tódolos galardóns e recoñecemento público que isto supuxo.
3. Por espallar o nome da súa vila natal: Becerreá.

1997
Asociación de Empresarios
1. Por terse convertido, en tan só seis meses de vida, no máis destacable evento local deste ano 1997.
2. Pola colleita de iniciativas, proxectos e éxitos acadados; e en especial a 1ª Feira Exposición.
3. Por establecer coma loable obxectivo: o despegue socioeconómico de Becerreá

1996
Grupo de Gaitas “Os Anxoliños”
1. Por ser o primeiro grupo de gaitas da Vila.
2. Pola ademiración e agarimo que espertou en tódolos vilegos becerrenses en tan só dous anos de existencia.
3. Por asumir coma obxectivo prioritario: o pulo da música popular e danza galega.
4. Por espallar o nome de Becerreá polas Vilas e romarías de Galiza.

1995
Dna. María Roca
1. Por tratarse dunha artista autodidacta e polifacética.
2. Por reflectir nos seus lenzos a realidade das nosas paisaxes e as nosas xentes cun agarimo e paixón conmovedora.
3. Por erixirse en modelo de vontade e amor á nosa Vila.

1994
Revista “ A Pipa”
1. Por erixirse en vieiro de transmisión sociocultural.
2. Pola madurez formal e calidade acadada ó longo dos seis anos de existencia.
3. Polo seu salientable labor a prol do emprego da nosa lingua.

1993
Asociación Cultural Arela
1. Polo labor a prol das manifestacións culturais na Vila.
2. Por dar sona ó nome de Becerreá alén da nosa bisbarra.
3. Por acadar o seu 5º cumpreanos.
4. Por marcar un fito histórico no eido sociocultural de Becerreá.

1992
O Pelegrín: símbolo do Xacobeo 93
1. Importancia da súa imaxe internacional coma reflexo da nosa.
2. Por abrir Galiza ó mundo.
3. Constituir unha homenaxe ó peregrín anónimo.

1991
D. Zoilo Pardo García
1. Ser cofundador e ideólogo desta Confraría, asemade redactor das liñas xerais do seu primeiro Regulamento
2. O seu grande amor á Becerreá.

1990
D. Samuel García Fernández
1. Pola entereza e capacidade de loita perante a adversidade.
2. Pérrea e efectiva vontade de recuperación.

1989
D. Rafael Ramos Fernández
1. Adicar parte do seu tempo a aledar a vida da nosa xente e Vila.
2. Dar pulo á proxección cultural de Becerreá.

Blog da SD Becerreá

Becerrea.net

www.becerrea.net