Skip to main content
Home
Becerrea.net

  • Datos de Interés
  • Historia e Natureza
  • Curiosidades
  • Enlaces

  • Prensa
  • Opinion
  • Festas
  • Feiras
  • Deportes
    • S.D. Becerreá
    • C.B. Becerreá
    • Fútbol Veterano
    • Fútbol Sala
    • Motor
    • C.Cliclista Pena do Pico
    • Deporte Escolar
    • 3 x 3
    • Ximnasia Rítmica
  • Cultura
    • Confraría da Ferradura
User account menu
  • Log in

Breadcrumb

  1. Home

Ferradura. O Nadal: tempo de descanso a carón do lume

Ferradura. O Nadal: tempo de descanso a carón do lume

A casa, as festas e os convites marcaron dende sempre a despedida do ano. Por este tempo Becerreá, e mesmo toda Galiza, xa tiña feitas as súas matanzas do porco e asegurados daquela o butelo, os chourizos e longanizas, a solana, o lacón e os grelos para poder engulir na celebración das festas de Nadal.

Xa na Antiguidade tíñase a crenza de que aquilo que se facía o primeiro día do ano constituía un bo agoiro do que ía acontecer no resto do ano.

Segundo escribe o investigador M.A. Castiñeiras*, nas aldeas do Concello de Becerreá tíñase o costume de queimar un groso toro na noite de Nadal. Primeiro limpábase o lar, prendiase un grande lume e logo botábase un bo madeiro que se mantiña ata o Aninovo. Chegado xaneiro gardábase e faciase arder diante de calquera calamidade. Del tamén fala Otero Pedraio e recibía o nome de “o tizón de Nadal”.

Tamén en Becerreá se documenta un antigo rito no cambio de ano. Trátase da escenificación popular da “Expulsión do Ano Vello”, onde os veciños e veciñas facían un moneco de palla que logo era levado polos mozos á parroquia do lado.

Fonte bibliográfica consultada:
Castiñeiras, M.A.: “Os traballos e os días na Galicia Medieval” Santiago 1995.
Biblioteca de Divulgación-Serie Galicia-nº15

Blog da SD Becerreá

Becerrea.net

www.becerrea.net