Fuente: El Progreso (14/05/2007)
As persoas cuxas propiedades se vexan afectadas polo parque eólico que Endesa Cogeneración instalará en territorios de Becerreá, Baleira, Baralla, A Fonsagrada y Navia de Suarna poden consultar ata fin de mes o estudo de impacto ambiental e a solicitude de autorización do anteproxecto.
Os documentos están expostos no departamento de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno de Lugo, para cumprir o trámite de información pública. Os afectados poderán presentar durante este mes as alegacións que estimen convenientes.
O parque eólico citado terá 164 megavatios de potencia, cun total de 82 aeroxeradores de dous megavatios cada un e unha subestación transformadora.
Para poñer en marcha esta instalación será preciso un investimento de 106,6 millóns de euros, segundo a previsión de Endesa Cogeneración y Renovables.
Novas