Case 500 persoas corren contra o cancro en Becerreá

Novas: 

Fuente: 04/05/2013 - P. Ch. / El Progreso (Lugo)
A carreira solidaria organizada en Becerreá co fin de recadar fondos para a loita contra o cancro reuniu este sábado a preto de 500 deportistas. Esta cifra superou as previsións dos organizadores, os membros da asociación Gym Tonic, que se mostraron plenamente satisfeitos da resposta dos corredores.

Cada un dos 485 corredores oficiais achegou cinco euros como taxa de inscrición, que se destinarán integramente á Asociación Española Contra o Cancro (AECC).