A carreira polo cancro de Becerreá reúne 4.850 euros

Novas: 

Fuente: 11/05/2013 El Progreso (Lugo)
A carreira organizada polo colectivo Gym Tonic de Becerreá para recadar fondos para a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) logrou reunir 4.850 euros, que serán depositados o vindeiro luns na conta da citada agrupación.

Gym Tonic logrou reunir 2.425 euros das taxas de inscrición dos corredores e o Concello de Becerreá achegará outra cantidade similar, como comprometera.