O C.B. Becerreá provocou a suspension do encontro contra o Meigas e Trasgos de Sarria cando abandonou a cancha mediado o terceiro cuarto, despois de que un xogador becerrense fose menospreciado polo árbitro. O partido empezou con un só árbitro (en Becerreá págase 90 € cada semana para que veñan 2 federados) e sin o balón regulamentario (para poder xogar o CB Becerreá tivo que comprar este ano varios). Dito árbitro vestido de calle, non quitou o plumifero para arbitrar, non se moveu do centro da pista, so pitou 4 personales na 1ª parte, e non paraba de apurar nos descansos e tempos mortos |
pois tiña prisa de rematar o partido. Ante a recriminación desta actitude por parte dun xogador visitante, respondeu airadamente menospreciando ó equipo Becerrense, visto o cal este decidiu abandonar a cancha dando por rematado o encontro.
O C.B. Becerreá fará a consiguiente reclamación ante a federación para que estas situacións non se repitan.