C.B. Becerreá 76 - Cidade de Lugo 70

Novas: 

O CB Becerreá conqueriu un importantísimo triunfo impoñendose ó que ata agora era o lider invicto da categoría o Cidade de Lugo nun disputado partido.
Os locais presentaronse no partido con importantes baixas que os deixaban en cuadro, con so 6 xogadores, pero aínda así fixeron un gran partido que lles serviu para manterse casi sempre por enriba no marcador.
Chegouse o derradeiro cuarto co resultado apretado pero dous triples consecutivos de Angel romperon o partido cara os locais.
En definitiva, moi bo partido que fai que o CB Becerreá presente a súa candidatura ó ascenso.