Becerreá aspira a ser capital dos Ancares

Novas: 

Fonte: 22/04/2013 - Francisco García / El Progreso (Lugo)
As Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia contemplan Becerreá como nó de equilibrio territorial dos Ancares, un equivalente ás antigas cabeceiras ou capitalidades de comarca, e é, precisamente, nesta condición na que se asentan moitas das bases do presente e do futuro da localidade.

A vila dispón da maioría dos servizos supramunicipais desta parte da Montaña lucense, desde os xulgados ou o Grupo de Urxencias Supramunicipais (GES), ao punto de atención continuada (PAC) ou o instituto de ensino secundario, pasando pola notaría, o Rexistro da Propiedade ou Cruz Vermella.

POBLACIÓN
Importante comunidade romanesa
A poboación de Becerreá, como a da maioría da Galicia interior, está en claro declive, roldando os 3.200 habitantes.

Seguindo a tónica común dos municipios da Montaña lucense, o censo de poboación reflexa o elevado grao de envellecemento. De feito, case a metade dos veciños censados supera os 60 anos.