
Breve Análise sobre o Santuario do S. Pedro de Cadoalla, Becerreá (Lugo)
O recinto sagrado de Cadoalla funciona como igrexa parroquial durante todo o ano para os lugares de Cadoalla, Carballín, Castelo, e Saá. Tamén funciona como santuario, os días catorce e quince de setembro, festividade do Eccehomo, aínda que calquera domingo do ano veñen devotos doutras comunidades a oír misa.
Neste segundo caso o santuario é un lugar de culto, simbolizado por unha igrexa parroquial -noutras ocasións pode ser unha ermida ou capela- á que acoden devotos pertencentes a distintas comunidades coa finalidade de pregar perante a imaxe sagrada a súa intercesión ante determinadas peticións ou levar a cabo unha serie de promesas á devandita imaxe logo de concederlles as peticións solicitadas."El santuario tiene una dobre dimensión: la vivencia de su identidad y el sentido de apertura que le da la gran devoción de otros pueblos a la imagen" (1). "Los santuarios son estaciones transformadoras de energía; lugares precisos de transformación de la energía divina para utilización humana y de transformación de la energía humana para propósitos divinos" (2). |