Canteira de oradores

Novas: 

Fonte: 22/04/2013 - Francisco García / El Progreso (Becerreá)
O instituto de ensino secundario de Becerreá non pretende ser a escola de oratoria que Sócrates creou en Atenas, pero nas súas aulas hai novas que apuntan xeitos nesa capacidade de falar con elocuencia, que Demóstenes ou Cicerón converteron en arte.

Desde hai seis anos, uns 30 estudantes do centro docente de Becerreá participaron no concurso de debate Parlamento Xove, facendo gala da súa capacidade de oratoria e retórica, nun certame que é moito máis que unha competición, é toda unha experiencia vital para os participantes.