Fuente: O Progreso (17/01/2013) - Galiciaé LV / Axencias
Decenas de veciños de Becerreá, entre duascentas e trescentas persoas, segundo cálculos do alcalde da localidade, o socialista Manuel Martínez, volveron a concentrarse á primeira hora da mañá para impedir a derriba dunha casa no lugar de Lamas sobre a que pesa unha orde de demolición ditada pola APLU.