Fonte: 13/11/2014 - El Progreso
A Deputación Provincial de Lugo anunciou un investimento de 372.500 euros en obras en Becerreá. Esta partida orzamentaria dividirase en varios proxectos, que inclúen melloras en rúas, vías municipais e unha traída de auga.
A vicepresidenta da Deputación, Lara Méndez, visitou onte Becerreá xunto ao alcalde, Manuel Martínez, tamén deputado de xestión territorial. Ambos confirmaron que o investimento será autorizada pola xunta de goberno da institución provincial na súa reunión de mañá.