Fonte: 20/02/2013 - El Progreso (Lugo) O consistorio de Becerreá ten totalmente deteriorada a cuberta, o que provoca pingueiras no interior, e o falso teito do salón de plenos ameaza con vir abaixo, segundo indicou o alcalde do concello, o socialista Manuel Martínez. A situación viuse agravada polas choivas sucesivas do último mes na provincia. |