Tras sufrir unha saída de vía no Rali da Ulloa, onde un tremendo chaparrón nos colleu por sorpresa con rodas de seco, acudíamos ó Rallye Cidade de Narón con certo respeto, pero eso si, con moitas ganas de afrontar un rali moi importante, tanto polo seu coeficiente como pola fermosura dos seus treitos.
O Rallye de Narón comezaba con bo tempo, o que agradeciamos , xa que viñamos con certo temor polo accidente sufrido na anterior proba. Catro eran os treitos a cronometar a dupla pasaxe. Fomos de menos a máis, collendo ritmo de carreira e mellorando nos tempos. Pola tarde e xa con algunha que outra baixa dentro dos participantes da "Copa Kumho 2011", cos cronos do treito de Narahío , para nós o mellor treito do Campionato, acercámonos ós postos de cabeza da Copa, algo impensable dado a diferencia de potencia entre o noso coche "de serie, Desafío Peugeot", e as preparacións que existen dentro dos vehículos da copa Kumho deste ano.
Na disputa do último treito xogabámonos o podium dentro da copa , polo que estabamos moi concentrados, ainda que o coche que ocupaba a terceira posición nos levaba bastante vantaxe , a un quilómetro escaso da saída producíase un adiantamento pola nosa parte o que nos fixo subir finalmente o TERCEIRO POSTO da COPA KUMHO e quedar no 36 posto da xeral.
Dende Torrados Racing queremos adicar este terceiro posto a tódolos nosos patrocinadores e seguidores, sen eles, a nosa andaina polo mundo dos ralis non tería sentido.