O videiro día 26 de novembro de 2010, no Telecentro do Concello de Becerreá sito na Rúa de Valgamarín s/n. Terá lugar un obradoiro as 18:00 horas e un concerto as 20:00 horas.
Máis información e inscrición no seguinte enlace: http://detrasdacancion.info/.
Qué é?
Como se compón unha canción de pop? Como se poden aproveitar as novas tecnoloxías para gravala e compartila co resto do mundo? A estas cuestións responde a actividade 'Detrás da canción', na que integrantes dos grupos galegos Projecto Mourente e The Homens dan a coñecer a trastenda do proceso creativo.
Obradoiro
Curso de música caseira, con Projecto Mourente As novas tecnoloxías permiten que calquera persoa se converta en produtor musical sen saír da casa. Este curso, que se imparte en dúas sesións de 50 minutos de duración cada unha, permitirá aos asistentes coñecer algunhas das ferramentas básicas para gravar unha peza nun ordenador convencional e posteriormente publicala en Internet.
Concerto
Concerto acústico de The Homens e Projecto Mourente Os integrantes do grupo The Homens farán varias das cancións do seu repertorio, composto integramente en galego. Desde o ano 2004, a banda compostelá editou dous EPs e outros tantos LPs nos que combinan a melodía pop coa furia do punk e os retrousos cantables.