www.becerrea.net Web sobre Becerreá y su comarca
![]() |
Fonte: La Voz de Galicia (23/08/2008) Entrevista a Claudio Vázquez, Concelleiro de Turismo, Cultura e Deportes. A organización dunha festa convela moitos gastos e xestións. Claudio Vázquez Pérez (PSOE), concelleiro de Turismo, Cultura e Deportes do Concello de Becerreá, enfrontase en solitario a esta dura labor. |
-Este ano a festa da Becerra e do Turista corre a cargo do Concello...
-Si, aínda así, hai que recalcar que dende o Concello tentamos que se constituíse unha comisión de festas pero non foi posible. Convocamos ao gremio da hostalería e ofrecémoslles o noso apoio a nivel económico, no canto á organización e á obtención de permisos, pero a resposta foi non. Para o vindeiro ano temos pensado convocar a todos os gremios, as asociacións culturais e tamén á xuventude.
-Resulta estraño que a xuventude non esté máis concienciada e disposta a colaborar nas festas...
-Pero non só da xuventude, senón da poboación en xeral. Aínda así seguiremos pedindo a colaboración dos veciños da vila e sobre todo a da xuventude. Nalgunhas parroquias do Concello como Torés ou Ferreiros hai uns 10 ou 12 rapaces organizando as festas e aquí non se ofrece ninguén. Eu só non dou abasto. Logo está o problema dos orzamentos. A colaboración dos veciños e dos empresarios é mínima. Teñen que entender que para facer unha boa festa precísanse cartos. E, neste momento, é imposible que o Concello reúna esa cantidade.
-¿Barallan dende a alcaldía algunha posible solución a este problema?
-A verdade é que estiven pensando moi seriamente na posibilidade de mudar o lugar das celebracións. A carballeira de Xesteda é un lugar moi bonito e non supón un desembolso económico tan elevado. Nas inmediacións instalaríanse algúns «chiringuitos» e unha pequena orquestra.