Tras obter uns bos resultados no rali do Cocido e no rali de Noia , o equipo becerrense “Torrados Racing” afronta o próximo fin de semana a terceira proba do campeonato galego de ralis, o Rali comarca da Ulloa. Esta proba puntuable para a copa Kumho realizarase entre os concellos lugueses de Palas de Rei e Monterroso durante o día 7 do presente mes de Maio.
Agradecemos o apoio prestado durante a actual tempada a tódolos nosos patrocinadores e dunha maneira moi especial ós organismos oficiais e as empresas “GRUPO SOFÍA” e “PREFABRICADOS GONZALEZ MADARRO”, sen eles a práctica do noso deporte non sería posible.
Máis información en www.torradosracing.com