O concurso fotográfico "Terras de Becerreá", nace cunha clara idea de continuidade.Ten coma obxectivo captar instantáneas pouco coñecidas do noso concello, ben sexa paisaxes naturais,ben aldeas, monumentos, etc. Esto responde a unha idea de dar a coñecer, atraves destas fotos, outros aspectos da nosa terra, que poden supor un reclamo turístico importante nun futuro. Estas fotografías recolleríanse nun álbum fotográfico que farían dun grande complemento das actuais guias publicitarias.
BASES DO CONCURSO
1.- O Concello de Becerreá através da Concellería de Cultura es Deportes, convoca a primeria edicción do concurso fotográfico "Terras de Becerreá"
2.- O concurso é aberto a tódalas persoas interesadas con independencia da súa idade ou lugar de procedencia.
3.- O tema do concurso é captar instantáneas do Concello de Becerreá, tanto das suas xentes, paisaxes, monumentos
ou calquera outro aspecto relacionado co mesmo.
4.- O praso para presenta-los traballos é do 1 de xuño do 2006 o 1 de xuño do 2007 na CASA DO CONCELLO ou enviandos por correo a Concellería de Cultura e Deportes de Becerreá (praza do concello sin nº cp 27640 Becerreá -Lugo-)
5.- O xurado estará formado por dous representantes do concello e un menbro das asociacións culturais do Concello.
6.- O xurado reunirase o 4 de xullo de 2007 e os premios entregaranse o día 9 de xullo do 2007.
7.- O formato dos traballos será libre.
8.- A cuantía dos premiso será:
- 1º premio : 150 €
- 2º premio : 100 €
- 3º premio : 50 €
9.- Os traballos terán que indicar na sua parte traseira o lugar onde foi sacada a instantánea.
10.- O concurso ten un amplo periodo de presentación dos traballos para abrangue-las catro estaciós do ano.
11.- O concello reservase o dereito de reproducir por calquera medio os traballos presentados.
12.- A participación neste certame implica a plena aceptación destas bases.
13.- O número de traballos a presentar é ilimitado.
ORGANIZA: CONCELLO DE BECERREÁ CONCELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES.