Agüeira, San Xoán de
Feligresía do arciprestazgo de Ferreiros de Balboa. Ten 185 habitantes distribuidos en 9 entidades de poboación, cunha densidade media de 33 hab/km2 en 1991. A súa altura principal é o vértice xeodésico do Adrao de 713 m.
Armesto, San Román de
Feligresía allea da parroquia de San Pedro de Tortes, arciprestazgo de Ferreiros de Valboa. Ten 57 habitantes agrupados en 2 entidades de poboación, cunha densidade media de 18´3 hab/km2 en 1991. Foi cuna do linaxe galego dos Armesto e pertenceu á xurisdicción de Villaesteva dos Heredeiros.
Becerreá, San Xoán de
Parroquia pertencente o arciprestazgo de Ferreiros de Valboa. Ten 1424 habitantes agrupados na única entidade de poboación do mesmo nome, que é a capital municipal, cunha densidade media de 459´3 hab/km2 en 1991.
Cadoalla, San Pedro de
Feligresía allea da parroquia de San Xoán de Becerreá, pertencente o arciprestazgo de Ferreiros de Valboa. Ten 109 habitantes agrupados en 4 entidades, cunha densidade media de 21´8 hab/km2 en 1991. Esta feligresía pertenceu á xurisdicción de Oselle, na que nomeaban xuiz os Velarde. A casa-torre de Cadoalla pertenceu á antiga familia dos Erbón.
Cascallá, Santa María de
Parroquia allea de San Miguel de Neira de Rei, arciprestazgo de Neira de Xuxá. Conta con 186 habitantes agrupados en 7 núcleos poboacionais, cunha densidade media de 24´8 hab/km2 en 1991. Esta feligresía está suprimida na Estadística Diocesana do Obispado de Lugo.
Cereixal, San Xosé de
Parroquia allea a San Xoán de Furco e pertencente o arciprestazgo de Ferreiros de Valboa. Conta con 99 habitantes distribuidos en 3 entidades, cunha densidade media de 52´1 hab/km2 en 1991.
Cruzul, San Martiño de
Feligresía pertencente o arciprestazgo de Ferreiros de Valboa. Pertenceu á xurisdicción de Oselle e conta con 99 pobladores agrupados en 3 entidades, cunna densidade media de 19´8 hab/km2 en 1991. O historiador Manuel Murguía considera que o nome de Cruzul é equivalente o de Crozón de Bretaña. A casa-torre de Cruzul, da que non se conservan restos, pertenceu á familia dos Erbón. no año 1781, Leonor de Rivera Saavedra fundou o mayorazgo desta casa. Sobre o río Cruzul ou Narón levantase unha ponte da época de Carlos III.
Ferreiros de Valboa, Santa María de
Feligresía do arciprestazgo de Ferreiros de Valboa, limítrofe ó Norte con Tortes y Guillén, o Sur e Este con Torés e o Oeste con Guilfrei. Pertenceu á xurisdicción de Doncos, señorío do duque de Veraguas. Conta con 143 habitantes distribuidos en 2 entidades poboacionais, cunha densidade media de 28´6 hab/km2 en 1991.
Fontarón, Sancti Spiritus de
Parroquia do arciprestazgo de Ferreiros de Valboa, limítrofe con Córneas o Norte, con Furco polo Sur, o Este con Villamane e Sevane, e o Oeste con San Martín de Rei. Conta con 79 habitantes agrupados en 6 entidades, cunha densidade media de población de 7´9 hab/km2 en 1991.
Furco, San Xoán de
Feligresía pertencente o arciprestazgo de Ferreiros de Valboa e limítrofe cos términos parroquiais de Cascalla e Fontarán o Norte, O Cereixal o Sur, o Este con Vilamane e Ouselle, e con Cascallá e Penamaior o Oeste. Conta con 158 habitantes agrupados en 5 entidades poboacionais, cunha densidade media de 14´9 hab/km2 en 1991. No seu término atópase a cova de Os Penedos, onde se acharon osos humans, cachos de corno e un puñal de antena en bronce datados entre o 700 e 500 a. de C.
Guilfrei, Santa Eulalia de
Parroquia pertencente o arciprestazgo de Ferreiros de Valboa, limítrofe cos términos parroquiais de Armesto o Norte, o Sur con Toldaos (Triacastela) e Torés (As Nogais), Ferreiros de Valboa polo Este e Vilouzán (Láncara) polo Oeste. Conta con 183 habitantes e unha densidade media de17´2 hab/km2 en 1991.
Guillén, San Pedro de
Feligresía allea da parroquia de Ferreiros de Valboa e arciprestazgo do mesmo nome. Delimita con Cruzul e Tortes o Norte, con Torés (As Nogais) e a sua parroquia matriz polo Sur, con Morcelle polo Este e con Ferreiros de Valboa polo Oeste. Conta con 50 habitantes agrupados en 2 entidades poboacionais e unha densidade media de 11´3 hab/km2 en 1991. Esta parroquia non figuraba como tal en ningunha das cuatro xurisdiccions que integraban o municipio antes da actual división territorial.
Liber, San Remixio de
Parroquia pertencente o arciprestazgo de Cervantes e limítrofe con Vilachá polo Norte, A Augueira e San Andrés das Nogais polo Sur, Cancelada polo Este e Ouselle polo Oeste. Conta con 81 pobladores distribuidos en 4 núcleos poboacionais e unha densidade media de 16´2 hab/km2 en 1991. Entre os restos históricos-artísticos do término atópase unha ponte románica sobre o río Navia.
Morcelle, San Xián de
Feligresía allea da parroquia de A Augueira e pertencente o arciprestazgo de Ferreiros de Valboa. Conta con 70 habitantes agrupados en 2 entidades de poboación e unha densidade media de 12´5 hab/km2 en 1991. Dentro do término municipal atópase a casa ou fortaleza de Cormes, solar da antiga linaxe dos Erbón.
Ouselle, San Cosme de
Parroquia pertencente o arciprestazgo de Friol e limítrife cos términos parroquiais de Furco e Vilachá polo Norte, A Augueira, Becerreá e Cruzul polo Sur, Liber e Vilachá polo Este e Cadoalla polo Oeste. Crese que Ouselle é Ocellum Gallaicorum, capital do antiguo pobo dos zoelas. A desaparecida xurisdicción de Val de Ouselle, na que nomeaban xuiz os Velarde, comprendía as parroquias de Cadoalla, Cruzul entre outras. Conta con 90 habitantes agrupados en 4 entidades poboacionais e unha densidade media de 11´1 hab/km2 en 1991.
Ousón, San Adrián de
Feligresía pertencente o arciprestazgo de Ferreiros de Valboa e delimitada ca Augueira e Cruzul polo Norte, con Morcelle polo Sur, ca Augueira polo Este e con Cruzul polo Oeste. Ten 35 habitantes agrupados nunha única entidade, Ousón e unha densidade media de 29´1 hab/km2 en 1991.
Pando, San Xoán de
Parroquia pertencente o arciprestazgo de Cervantes, delimitada polos términos parroquiais de Vilaiz polo Norte, Veiga polo Sur e Oeste e por Vilaiz e Ribeira polo Este. Conta con 34 habitantes e unha densidade media de 17´9 hab/km2 en 1991.
Penamaior, Santa María de Lourenzo de
Feligresía pertencente o arciprestazgo de Baralla, delimitada por Cascallá o Norte, Vilouta o Sur, Cadoallá, Cereixal, Furco e Tortes o Este, e Constantín, Lexo e Vilarpunteiro o Oeste. Conta con 110 habitantes agrupados en 7 entidades de poboación e unha densidade media de 11 hab/km2 en 1991.
Quinta de Cancelada, Santa Baia de
Feligresía do arciprestazgo de Cervantes e delimitada polos términos parroquiais de Córneas e Galegos ó Norte, Ribeira, Sevane e Vilaiz o Sur, Galegos, Pin, Penamil e Ribeira polo Este e1 con Córneas, Sevane e Vilaiz polo Oeste. Ten 252 habitantes agrupados en 10 entidades de poboación e unha densidade media de 10´6 hab/km2 en 1991.
Sevane, San Xoán de
Feligresía pertencente o arciprestazgo de Cervantes e delimitada o Norte por Quintá, o Sur por Villamane, o Este por Quintá e Vilaiz e o Oeste por Fontarón. Conta con 51 habitantes agrupados en 4 entidades e unha densidade media de 9´1 hab/km2 en 1991.
Tortes, San Pedro de
Parroquia pertencente o arciprestazgo de Ferreiros de Valboa e delimitada polos términos de Becerreá, Cadoalla e Penamaior polo Norte, Guillén e Ferreiros de Valboa polo Sur, Becerreá e Cruzul polo Este e Armesto e Vilouta polo Oeste. Da súa xurisdicción parroquial depende o alleo de San Román de Armesto. Conta con 176 habitantes agrupados en 7 núcleos poboacionais, e unha densidade media de 28´4 hab/km2 en 1991.
Veiga, Santa Mariña da
Feligresía allea de San Pedro de Vilachá, arciprestazgo de Cervantes e delimitada por Villamane o Norte, por Vilachá o Sur e Oeste e o Este por Cancelada e San Román de Cervantes. Conta con 23 habitantes distribuidos en 3 entidades de poboación, cunha densidade media de 6´2 hab/km2 en 1991.
Vilachá, San Pedro de
Feligresía pertencente o arciprestazgo de Cervantes, delimitada o Norte por Fontarón e Vilamane, o Sur por Liber e Ouselle, o Este por Veiga, Cancelada e San Román de Cervantes e o Oeste por Ouselle e Furco. Conta con 123 pobladores agrupados en 7 entidades poboacionais, cunha densidade media de 8´9 hab/km2 en 1991.
Vilaiz, Santiago de
Parroquia perteneciente o arciprestazgo de Cervantes, delimitada o Norte por Seivane e Quintá, o Sur por Pando, o Este por Ribeira e o Oeste por Vilamane. Ten 54 habitantes agrupados en 5 núcleos, cunha densidade media de 7´2 hab/km2 en 1991.
Vilamane, Santa María de
Parroquia do arciprestazgo de Cervantes, delimitada polas de Seivane o Norte, Vilachá, Veiga e Pando o Sur, Vilaiz e Pando o Este e Fontarón polo Oeste. Conta con 53 habitantes agrupados en 6 entidades poboacionais, cunha densidade media de 7´6 hab/km2 en 1991.
Vilouta, Santa Mariña de
Feligresía allea de Santa Baia de Guilfrei e arciprestazgo de Ferreiros de Valboa. Limita o Norte con Penamaior, o Sur con Armesto, o Este con Tortes e o Oeste con Lexo e Vilaesteva. Conta con 68 habitantes distribuidos en 2 entidades de poboación, cunha densidade media de 18´3 hab/km2.