Fonte: La Voz de Galicia (06/04/2013)
Os IES de Becerreá e A Pinguela, de Monforte, participaron hoxe na final do certame Parlamento Xove nas categorías de ESO e Bacharelato, organizado pola Consellería de Traballo e Benestar. O IES de Foz venceu o concurso na modalidade de Bacharelato. Na de ESO acadou o premio o colexio filipense Sagrada Familia de Vilagarcía de Arousa.
Os participantes na iniciativa tiveron que empregar a oratoria para defender un posicionamiento determinado sobre o tema proposto pola organización. Previamente, tiveron que realizar unha investigación e elaborar artigos para un blog, ademais de elaborar un dosier. O obxectivo do concurso é fomentar entre a xuventude o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propostas.
O acto de hoxe foi presidido pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato; a presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo; e o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro.