O BNG de Becerreá pedirá a modificación do imposto sobre construcións

Fonte: El Progreso (27/08/2008)
Os representantes do Bloque Nacionalista de Becerreá presentarán no pleno de mañá unha moción na que piden a modificación da ordenanza fiscal que regula o imposto sobre construción, instalacións e obras, que se aprobou provisionalmente no pleno do 17 de xaneiro deste ano, cos votos do goberno socialista.
Os nacionalistas apóianse en que a construción é un dos sectores que sufre de forma máis directa a crise económica que nestes momentos está atravesando o país. «Non parece oportuno sometelo neste momento a unha maior carga fiscal», aseguran. Con isto refírense á posible aplicación
dun novo gravamen do dous por cento sobre o custo de execución das obras.
Os nacionalistas consideran que isto só empeorará a situación, posto que se elevaría o prezo dos pisos, xunto co encarecemento dos créditos hopotecarios. «Isto fará inviable para moita xente a compra dunha vivenda», asegura o grupo municipal do BNG.
Tamén lle pedirán no pleno ao alcalde, Manuel Martínez, unha explicación sobre o proxecto das piscinas e tamén sobre o estado das tarefas de
roza das vías públicas.