A segunda proba do campeonato de España de enduro celebrarase o día 1 de Abril no concello de Becerreá. Este evento traerá o pobo mais de trescentas persoas entre pilotos, acompañantes e equipos oficiais. Contaremos coa presencia do actual bicampeón do mundo de Enduro " Ivan Cervantes" así como outros grandes pilotos que participaron en probas tan emblematicas como o " Paris-Dakar". Tamen participarán na proba os pilotos locais Rubén Vázquez, Álvaro Becerra, Saul Vázquez e Enrique Vega ( O Cadavo ). |
No ano 2006 estes pilotos iniciaron a sua andadura no mundo da competición de Enduro e tras acadar uns bos resultados no "Campeonato Galego de Enduro", no 2007 están a participar no "CAMPEONATO DE ESPAÑA DE ENDURO"
Organiza: MOTOCLUB SPRINT