Fuente: La Voz de Galicia (28/05/2007)
Intentárao varios anos e agora por fin conseguiuno. Manuel Martínez é o novo alcalde de Becerreá, algo que o recén elixido considera «un orgullo e unha satisfacción», e máis tendo en conta que obtivo a maioría absoluta. |
-Por unha banda, O PSOE de Becerreá estivo facendo unha oposición seria e rigorosa e, pola outra, no Partido Popular produciuse unha ruptura. Ambos factores fixeron que obtivesemos unha ampla maioría e que o apoio dos veciños fose masivo.
-¿Cre que o cambio no cabeza de lista do PP os puido beneficiar?
-O Partido Popular apostou por un candidato e unha lista que consideraba fortes, pero parece que se equivocou. A falta de sintonía no seo do PP poida que nos axudase, pero o que máis pesou foi a nosa oposición seria e rigorosa, presentando unha serie de proxectos que se poden facer realidade.
-¿Cales van ser as súas prioridades como alcalde?
-Devolverlle a Becerreá a súa dignidade como cabeceira de comarca e que deixe de ser un sitio de paso; conseguir unha residencia da terceira idade para a comarca dos Ancares e dispoñer de solo empresarial e dos servizos básicos necesarios para que a xente queira asentarse aquí e non estea pensando en marcharse.