Este domingo celebrouse en Lugo a VI edición da carreira popular LUGO MONUMENTAL sobre unha distancia aproximada de 10 km. A pesar do intenso frio da maña lucense xuntaronse case 1500 corredores dos cales varios acudiron desde Becerreá facendo un bo papel. |
Así: Ramiro Amigo quedou no posto 337 compretando a distancia nun tempo de 40:53 a un ritmo de 4:10 minutos o km, Carlos Deiros fixoo en 43:52 a 4:29 min/km, Abel Amigo rematou en 44:48 promediando 4:34 min/km, Fernanda Follana en 46:16 a 4:43 min/km sendo a 7 da súa categoria e a 27 das féminas e Jesús Arias rematou en 46:26 con ritmo de 4:44 min/km.