Nun apretado final de encontro e gracias ó acerto nos tiros libres o CB Becerreá impúxose ó Sarria Rio Calcio por 64 a 62. A igualdade presidiu a maior parte do choque, pero os locais chegaron os derradeiros minutos con unha pequena renda que souperon administrar. O base becerrense Angel recibiu varias faltas ó subir o balón e convertiu os tiros libres necesarios para asegurar o triunfo. Os becerrenses consiguen así a súa oitava victoría consecutiva que os confirma como claros candidatos ó ascenso. |
Novas