www.becerrea.net Web sobre Becerreá y su comarca
Fonte: El Progreso (12/08/2008)
O alcalde asegura que o estado das tuberías é deplorable e ocasiona cortes periódicos no suministro.
O concello de Becerreá leva gastados 29.000 euros no primeiro ano de goberno socialista para o recambio e arranxo dunhas 190 tuberías de auga debido «á mala situación da rede de distribución», segundo explicou o alcalde, Manuel Martínez.
O rexedor indicou que o goberno local está facendo frente a continuas avarías das cañerías a causa dos cambios de presión da auga e á mala calidade dos materias empregados na construción da rede.
Nas tarefas de arranxo traballan tres persoas que proceden a substituír os tramos de tuberías en mal estado por outros novos e «de mellor calidade».
O mal estado das canalizacións deu lugar a múltiples cortes durante todo este ano e tamén a problemas nalgunhas zonas de Becerreá que prexudicaron, en certos momentos, a vida normal dos veciños. Este é o caso da rúa Ancares e da avenida de Navia, nas que a rotura de cañerías ten como consecuencia «o probable baleirado dos depósitos», explicou o alcalde.
Outro dos exemplos que Manuel Martínez considerou representativo da situación é que nun lateral do campo de fútbol municipal tiveron que acometer cinco reparacións debido a roturas cada 20 metros. Para o alcalde, esta é unha demostración clara de que o estado «deplorable» das tuberías non é algo puntual senón que é constante en todo o lugar.
O alcalde recoñeceu que se trata de obras caras, xa que se inclúe no prezo a compra de pezas de recambio para a reparación e o traballo dos obreiros, entre outros. Ademais, Manuel Martínez informou de que a maioría de obras de arranxo de avarías teñen un prezo superior aos 300 euros. Isto débese a que, segundo o rexedor, realizan as reparacións con materiais de calidade.
Proxecto.
O Concello está levando a cabo estudos con empresas de auga para poñer fin a esta situación. Ademais, o goberno municipal pretende mellorar a xestión e ter un control informático da auga que entra e sae dos depósitos. O alcalde explicou que teñen un proxecto xa asinado con Augas de Galicia por valor de 200.000 euros para poñer fin ás avarías. O Concello confía en que esta iniciativa
sexa suiciente «para rematar con rapidez con este problema» que causa molestias aos veciños.
O proxecto está á espera de ser adxudicado pero o alcalde espera que todo estea arranxado en outono. Con este plan tamén teñen previsto mellorar o suministro na zona da Feira Vella, xa que hai problemas coa presión, que dificulta nalgunhas ocasións a chegada da auga ás casas dos veciños de Becerreá.
O rexedor di que os rebentóns se deben a unha chapuza.
Manuel Martínez considera que o problema de rebentóns da rede de distribución de auga de Becerreá se debe «ás chapuzas» do anterior goberno. Isto, segundo indicou, está provocando que o Concello teña que gastar moito diñeiro en pouco tempo para a compra e colocación de tuberías novas, o cal «é un despilfarro» que se evitaría se o goberno anterior acometera as obras con eicacia, segundo dixo. O alcalde mostra a súa preocupación polos gastos que o Concello está afrontando. Martínez asegura que «temos problemas continuamente». de feito, considera que é incrible que nun ano de goberno xa tiveran que acometer 190 reparacións debido a rebentóns nas cañerías do concello. O seu obxectivo é solucionar o problema «canto antes».