Fonte: 22/11/2012 El Progreso
O pleno de Becerreá deu o visto bo onte o orzamento para 2013, que se mantén con respecto ao ano pasado e garante a continuidade dos servizos sociais.
Os socialistas aprobaron en solitario unhas contas que contemplan unha previsión de ingresos de 1.804.000 millóns de euros e uns gastos de 1.760.000. Este desfasamento entre ingresos e gastos, a favor do Concello, débese a que a lei de estabilidade orzamentaria obriga aos concellos a controlar os investimentos e só permite gastar un 1,7% máis que en exercicios anteriores.