|
Supoño que todos vós teredes aínda no recordo a noticia que saía publicada o día 2 de xullo tanto no Progreso como na Voz de Galicia onde se relataba a agresión sufrida por un veciño por parte doutros veciños hinchas do argentina. Segundo o Progreso:"Como consecuencia de los golpes, el joven perdió el conocimiento, sufre numerosos hematomas y una lesión en un brazo que le obliga a llevarlo en cabestrillo. Además, presenta una herida abierta en la cabeza por la que precisó puntos de sutura", e agora ven o cachondo, resulta que os presuntos agresores se sinten vítimas, tal e como publica La Voz de Galicia:«la gente nos mira como criminales, cuando en realidad somos víctimas». Vamos a ver señor "víctima" segundo o dicionario da RAE "víctima" significa: 1. f. Persona o animal sacrificado o destinado al sacrificio. 2. f. Persona que se expone u ofrece a un grave riesgo en obsequio de otra. 3. f. Persona que padece daño por culpa ajena o por causa fortuita. 4. f. Persona que muere por culpa ajena o por accidente fortuito. supoño que vostede se refire á 3ª acepción, 1º vostede non sufríu daños o que os sufríu foi o rapaz ó que supostamente deixaron inconsciente no suelo e ó que lle causaron unha ferida aberta na cabeza, o mesmo que tivo que levar cabestrillo e o mesmo que tiña o corpo e a cabeza chea de mazaduras. O señor "víctima" tamén di: "Según Gallardo, después de este incidente, la Guardia Civil multó a uno de sus hijos por caminar por la travesía de Becerreá sin chaleco reflectante, cuando la zona en la que lo pararon la utilizan habitualmente los vecinos para pasear y nadie lleva chaleco. También asegura que fue advertido por alguien vinculado a la Guardia Civil de que tuviera cuidado con lo que hacía con su coche porque «iban detrás de mí». Insistió también en que hay foros en Internet en los que insultan a su familia y aluden al país de procedencia". Pero, en que mundo vivimos?, quen osa importunar ó fillo do señor "víctima" por non cumprir as normas?. Por outro lado: tan importante é o señor "víctima" para que a garda civil o persiga co afán de multalo ata que perda o carné?, e digo eu: ante tal persecución policial non lle sería mellor pedir refuxio político?, ou o que vén facendo a xente non vítima que é non cometer infraccións e así non temer por quedar sin carné?. Non olvidemos que ó ser de fóra ó facer unha, ou dúas, ou tres, ou un cento e querer escurrir o bulto hai que sacar o tema do racismo, ninguén dubida que si te deixa inconsciente e magullado un extranxeiro será un caso flagrante de racismo, pobriño "víctima" que agrede empuxado polo racismo!!!!!!!!!!. Máis do señor "víctima": "El vecino de Becerreá asegura que desde ese día sus hijos no quieren salir prácticamente de casa y que se están planteando cambiar de residencia, pese a que el piso de Becerreá es de su propiedad. Insiste en que su convecino recibió muestras de solidaridad a gritos desde la calle para que las escuchara también él. Reconoció que se trataba de un grupo minoritario". Como soño con frecuencia e a idade faime mezclar realidade con ficción non o aseguraría ó 100% pero dende o día que o señor "víctima" e familia deixaron ó seu veciño inconsciente creo telos visto con moita frecuencia tan anchos coma panchos polo pobo adiante, vós non?. Voulle recordar ó señor "víctima" que ó vivir en democracia a xente pode apoiar a quen lle salga dos ... , ou é que pretende que este feito se convirta nun acto racista, calquer día acaba de contar a historia e añade que lle apareceron uns encapuchados vestidos de branco, non se vaia a pensar que vai alegar que o persigue o ku klux klan, eso foille en Estados Unidos, dígollo por se no xuizo se lle vai a pinza con tanto invento e o solta de repente. Seguimos coas impactantes declaracións do señor "víctima": "Según explicó, estaba llegando a su domicilio para cenar, acompañado de sus cuatro hijos y en la puerta se encontró con su convecino, que le preguntó que hasta cuándo iba a armar jaleo, ya que tenía que madrugar al día siguiente. Gallardo asegura que discutieron entre ambos porque él también le recriminó los ruidos que procedían de su casa, situada en el piso superior y por los que dice que nunca protestó, hasta ese día, aunque resultaban extremadamente molestos. Según su versión, el vecino que llevaba dos bolsas en la mano lo golpeó primero con una y después con la otra. Él, logró agarrarle una y consiguió devolverle el golpe". Xa que estamos a contar versións haberá que contar o que se lle olvida ó señor "víctima" que é que o presuntamente agredido viña cargado con dúas bolsas e a trona dun bebé, para os que non o sepan tanto a trona como as bolsas son esos artiluxios de destrucción masiva que venden para agredir a veciños "víctima". En que cabeza cabe pensar que vas para a túa casa á hora de cenar cargado coma un burro e se che ocurre de repente pegarlle ó señor "víctima" despois de pedirlle que non fagan ruido porque tes un bebé e ó día seguinte traballas?, aquí hai algo que non cuadra!. En canto ó de que unha familia composta por unha parella e un bebé fan ruidos "extremadamente molestos" non logro asimilalo, tal vez o antedito bebé fai botellón cando seus pais o deixan solo?, estarán seus pais entrenándoo para cantar ópera? ou tal vez se trata dun clube clandestino?, por máis que elucubro non logro dar cunha explicación o suficientemente satisfactoria. Despois deste macrorrollazo que espero que alguén lea gustaríame que deades a vosa opinión sobre o sangrante caso de racismo destapado polo señor "víctima".
_________________ DI LA VERDAD Y AVERGONZARÁS AL DIABLO
|