Claudio escribiu:
Como non sei quen é o que escribe, voume a dirixir a NNXX Becerreá tal e como figura na mensaxe que publicades.
Entendo que, acabando de entrar en política, queirades darvos a ver y facer méritos ante o voso partido y ante os ciudadanos de Becerreá. Pareceme bén. Nembargantes deberades de facelo en base a realidades y facendo unha oposición "feroz" o grupo de goberno, eso é o traballo da oposición. Pero en todo caso vexo que seguides a linea xeral do voso partido y faltades a verdade nas vosas manifestacións (quero pensar que maís por ignorancia, que por mala fé) En todo caso é o voso problema.Vou a puntualizar o tema do local a que vos referides para que naide se sinta confundido.
1º O local en cuestión forma parte de o edificio do concello, cando se lle ofreceu o portavoz do P.P. aceptouno sin problema y estaba en boas condicions. Este inverno en TODO o concello choveu, como nos mesmos denunciamos. Sabedes, supoño, que tivemos que arranxar o tellado, sabedes, supoño, que tivemos que pasar o salón de Sesions a planta baixa y sabedes, supoño que tivemos que cambiar o arquivo xeral. Enton o local do P.P. atopase nas mesmas condicions que o resto das dependencias municipales nas que traballamos, a diario, todo o persoal do Concello y non nos caen os anillos.
2º Tal local foi utilizado durante moitos anos polo Grupo Socialista, ata que o Alcalde anterior decidiu cambiarnolo. Non nos arreglaron ningún local especial "E FALSO" podedes preguntar o Sr. Pombo como vos lle chamades (dame a sensación que de forma despectiva).
Seguides faltando a verdade (penso que por non informarvos correctamente) cando falades do local de o lado (antigo INEM) decindo que se atopa vacio. E MENTIRA, está ocupado co arquivo , que como xa comentei tivemos que cambialo de ubicación.
3º Deberiades de saber que nos puxemos en contacto coa Conselleria de Presidencia(do voso partido) para tratar de arranxar o Concello. De momento "Cero Patatero". Espero que, como estades moi afectados pola situación, desde o P.P. de Becerreá votedes unha man para soluccionar este problema y outros maís DOS QUE XA FALAREMOS
Para rematar decirvos que, dende o Goberno Municipal, sentimos orgullosos de que os problemas de Becerreá se centren no local das NNXX do P.P. Quere elo decir que estamos facelo de P.M. y que os problemas de os veciños en XERAL van por bon camiño. Unha apreta y ata logo. Xa me esquencia ¡NON PERDADES AS CHAVES DO LOCAL!.
Vaiamos por partes:
- NNXX Becerreá refírese as Novas Xeracións do Partido Popular , que polo visto é o único movemento político xuvenil que existe no noso concello. Ademais non podemos poñer o nome dunha persoa concreta dado que representamos as ideas e pensamentos da xunta directiva e afiliados de NN.XX. de Becerreá, a parte ben se sabe que formamos esta organización.
- Ser novos non significa ser ignorantes, non estar capacitados (a maioría de nós ten ou está a cursar estudos universitarios) e non ter ilusión para dinamizar e traballar para o noso concello.
- Ese local efectivamente foi o primeiro local do Grupo Socialista, pero daquela o hoxe alcalde, Manuel Martínez Núñez queixouse reiteradamente do tamaño e a falta de ventilación, cousa que aínda compartindo omitimos porque é o menor dos males (por exemplo non nos queixamos nin dixemos nada do estado dos servicios da primeira planta, que perdían auga a raudais duarante meses e estan cheos de óxido). Reiteramos que os actuais locais dos Grupos Municipais dos Socialistas e do BNG fóron arranxados para tales fines sendo alcalde Antonio Fernández Pombo (chamarlle Pombo ó ex-alcalde non e algo despectivo cando tamén se nombran polo apelido por exemplo os actuais presidentes da Xunta e do Estado), e non hai ningun tipo de problema co ex-alcalde cando segue sendo afiliado do PP, e asiste as xuntanzas de afiliados. Por certo, se non queren gastar diñeiro en arranxalo podían facer como o ex-alcalde, que se reunía cos seus concelleiros na alcaldía. Asi que seguindo o seu exemplo podían ceder o seu local e asi non se gastaba un céntimo.
Respecto ó local onde estaba o INEM, nombrámolo coma un exemplo dado que non hai ningun letreiro que indique que é o arquivo municipal (é máis, o único letreiro que hai segue sendo o da oficina de emprego).
- Si ten razón, puxéronse en contacto coa Conselleria de Presidencia, pero non para repararlo concello senón para tiralo e contruir un novo. Ante esta disparatada proposta loxicamente a resposta foi negativa, porque como moi di estamos en tempos de crise e hai en moitoas cousas nas que gastar o diñeiro (a Casa do Concello simplemente prescisa reparar o tellado e unha man de pintura).
E xa di que a actual Xunta de Galicia non lles fai caso, dígame que lles fixo no Concello de Becerreá o bipartito ou o actual goberno español. Se quere respomoslle nós, NADA, “cero patatero”. O único que saben é aproveitarse do traballo alleo, un exemplo moi claro é o tramo Ouselle-Becerreá da estrada de Navia. A cal vai ser posible gracias a xestión do Partido Popular de Becerreá e á actual Xunta de Galicia, ainda que nos queren vender a moto que foron vostedes e o bipartito. Enseñenos un só documento que acredite as súas palabras.
Dí que o están facendo de P.M., pero xa me dirá a que é o que lle chama vostede facelo de P.M., porque ata agora só se adicaron a asfaltar pistas con cargo o Plan E, e traer o subdelegado do Goberno a inaugurar unha sinal de stop. Isto recórdanos o que facia Franco, el tamén só se adicaba a asfaltar estradas e inaugurar pantanos.
- E para rematar, a súa contestación non quere decir outra cousa que vamos polo bo camiño. De non ser asi non se dignaria a respondernos neste foro.
Ah! E un consello para vostede, mire ben o que di e quen hai escoitando, porque os de Becerreá non somos uns “fatiños”.
RIO ROJO escribiu:
Creo que cqndo un está en politica ten que ser ante todo responsable e consecuente co que di.Creo que o concello de becerreá ten outros problemas máis importantes que o voso local,que dende logo seria desexable que estivera mellor,pero tamen e certo que o voso grupo ten unha asignacion presupuestaria por parte do concello.e o que tedes que facer e arrima-lo hombro e axudar o arranxo,por outra parte creo que os locales son para o grupo municipal,non para novas xeracións,nin para o partido popular,esi que o mellor e que aluguedes un local.e que o teñades como sede,pois en tempos nos que os recursos son limitados creo que non é a mellor idea gasta-los na clase politica,mais cando o pp de becerreá se renovou e ten un gran número de afiliados,que cas cotas poden e deben de ter a sua propia sede,ou incluso unha sede comarcal.
Mira, sen ánimo de ofender, pero se non sabes do que se fala non escribas. Non pedimos unha sede para o Partido Popular de Becerreá, pedimos un local para o Grupo Municipal, do mesmo xeito que teñen os outros dous Grupos Municipais.
Por certo, recomendoche leer a contestación que lle demos a Claudio
saúdos