www.becerrea.net

Foro de www.becerrea.net
Agora mesmo é 19 Xuñ 2013 09:52

Todas as horas son UTC + 1 hora [ HV(DST) ]




Publicar novo tema Responder ao tema  [ 2 mensaxes publicadas ] 
Autor Mensaxe
 Asunto da mensaxe: Templarios
MensaxePublicada: 23 Mar 2012 21:42 
Fóra de liña
Fabas contadas
Fabas contadas

Rexistrado: 22 Set 2011 13:49
Mensaxes: 6
Nun meu blogue adicado á toponimia da comarca dos Ancares fago varias alusións a uns poucos lugares onde, disque, andiveron os cabaleiros do Temple. Dun tempo a esta parte estou a recibir algúns correos no que me preguntan porque non amplío a información xa que a tradición da súa estadía pola comarca así o asegura. A todos lle respondo o mesmo: Que eu saiba, non existen probas nin documentais nin arqueolóxicas que certifiquen o feito (nin estudos que así o avalíen). Fálase de que andiveron por Penamaior; quizais si, a relación dos templarios coa orde do Císter é clara (véxase o panexírico do reformador da orde, Bernardo de Claraval, en favor deles, ou os mosteiros onde agocharon moitos cabaleiros despois da súa prohibición); tamén que o desaparecido mosteiro de Dorna, en Cervantes, pertenceu a esta orde monástico-militar (a estragada igrexa, único resto que se conserva, non me forneceu de ningunha nova neste sentido, nin por dentro nin por fóra). E está o famoso Graal que algúns identifican co que se custodia en Santa María a Real do Cebreiro (sobre este tema hai bastante literatura). Mais eu só atopo un lugar que, ao menos, si conserva algo deles: trátase do topónimo O Temple, aldea da parroquia de Padornelo, no concello de Pedrafita do Cebreiro. En varias ocasións falei con xente da zona, tentando acadar algún tipo de información, mais o resultado foi escaso. Tampouco atopei indicios materiais da súa presenza (se ben é certo que non é chegar e encher, unha investigación rigorosa conleva algo máis).
O motivo da introdución non é outro que o tentar recompilar máis información. Se alguén tivera algún dato referido a este tema agradeceríalle mo fixera saber, tanto por este medio como ao meu correo electrónico: arqueoancares@gmail.com


Enriba
 Perfil  
 
 Asunto da mensaxe: Re: Templarios
MensaxePublicada: 28 Mar 2012 11:19 
Fóra de liña
Cazoleiro
Cazoleiro
Avatar de Usuario

Rexistrado: 06 Xul 2007 14:37
Mensaxes: 92
Estiven en O Temple fai uns meses por motivos de traballo, e chamoume moito a atención o dato toponímico, non me pasou desapercibido entre outras razóns porque son un (case)fanático de todo o que teña que ver con dita orde. Precisamente, arestora estou en León, e o pasado finde andiven de visita no castelo templario de Ponferrada, que non tivera ocasión de ver antes.
Se atopas algunha información ó respecto, postéaa no foro. Un saúdo.


Enriba
 Perfil  
 
Mostra envíos dende o anterior:  Ordenar por  
Publicar novo tema Responder ao tema  [ 2 mensaxes publicadas ] 

Todas as horas son UTC + 1 hora [ HV(DST) ]


Quen está en liña

Usuarios navegando neste foro: Ningún usuario rexistrado e 0 convidados


Non podes publicar novos temas neste foro
Non podes respostar a temas deste foro
Non podes editar as túas mensaxes publicadas neste foro
Non podes borrar as túas mensaxes publicadas neste foro

Procurar:
cron
Powered by phpBB® Forum Software © phpBB Group
© 2007 Traducido ao galego pola CiberIrmandade da Fala